Monday 29 de April de 2024

100 anos de María Mira


Durante a mañá de hoxe, luns 15 de abril, a concelleira de Saúde, Cultura e Educación, Ana Cartelle, acudiu á Residencia de Maiores de Ortigueira para felicitar a Dona María Mira Canosa polo seu 100º aniversario.

María é usuaria do centro e recibiu o agarimo e os obsequios da edila, en representación do Concello de Ortigueira, así como a calor dos seus compañeiros e compañeiras nunha data tan sinalada.